Unha das xoias celtas máis valiosas do mundo

O torque de Burela é de ouro macizo e pesa preto de dous quilos.
Unha das xoias celtas máis valiosas do mundo

O museo Provincial de Lugo expón a máis completa colección de torques Celtas -colares ríxidos- de todas as que se coñecen. Entre elas sobresae o famoso Torque de Burela (III-II a. de C.), unha peza de ouro macizo de gran pureza, de 21.1 centímetros de diámetro e preto de dous quilos de peso. Este grandioso colar está considerado como unha das máis prezadas e perfectas xoias castrenses. Polas súas enormes dimensións, o Torque de Burela puido ser destinado á ofrenda, a xoia votiva ou como símbolo de poder. Foi encontrado de pura casualidade en 1945 nun lugar chamado Chao de Castro, no que hoxe é o municipio de Burela, e onde logo se encontraría un asentamento prerromano.

Aínda que os Torques os empregaron os gregos e os romanos, na cultura castreña que se desenvolveu no noroeste da península ibérica estas xoias alcanzaron unha morfoloxía particular, diferente a outros Torques foráneos, o que eleva aínda máis o seu interese.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

1355 lecturas