Ourense - Praza Maior
Vista panorámica da Praza Maior de Ourense.

Do século XV datan os primeiros datos desta praza singular, con fama de ser a única en pendente de toda Europa debido a estar erixida sobre a terraza do Barbaña, o río esquecido da cidade que Roma denominou Auriense, e solapado por un Miño que todo o enche na cidade das Burgas.
Neste lugar con carácter de seu atopamos o Museo arqueolóxico –antes residencia de bispos-, moitas galerías que permiten ollar para o "Espolón", situado nun lateral e lugar preferido de paseo dos "señoritos" decimonónicos, e o comezo ou remate da rúa do Pelouro ou Pelouriño (hoxe Colón) que acollía a picota cos reos axustizados.
Praza con personalidade, porén, que tamén a tomou acollendo a sé do poder municipal –agora edificio con fachada clasicista-, un poder sempre ameazado (segundo contan as crónicas) polo o da igrexa xa que dende as ameas e as torres da moi próxima catedral adoitaban chegar en tempos pretéritos os homes armados do bispo a atacar aos do concello cargados con frechas e con pedras…
