VI Día da Galicia Exterior - Chegada ao Obradoiro e recepción polo presidente da Xunta
Esta xornada comezou coa chegada das entidades galegas do exterior á Praza do Obradoiro, recibidas polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. A continuación, as agrupacións foron obsequiadas, no Hostal dos Reis Católicos, cuns diplomas pola súa participación no VI Día da Galicia Exterior, celebrado o 9 de xullo de 2022 en Santiago de Compostela, que xuntou na capital de Galicia ás agrupacións culturais das entidades galegas no exterior co gallo do Ano Santo Xacobeo 2021-2022.
- 1 de 2
- ››