Reencontros con Galicia 2023
Galería de imaxes dos Reencontros con Galicia 2023, programa da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, que ten como obxectivo facilitar o contacto das e dos galegos do exterior de máis de 65 anos coa Galicia actual e cos seus e as súas familiares, e que se desenvolveu en Galicia do 9 ao 19 de outubro.






























