Conecta co Camiño 2023
Galería de imaxes do Conecta co Camiño 2023, programa da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude, dirixido a mozas e mozos galegos do exterior con idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos. As e os participantes percorrerán a pé oito tramos galegos polo Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela e realizarán actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á contorna.