Lúa Nova, Nº 59

Lúa Nova, Nº 59
Título: 
Lúa Nova, Nº 59
Entidade: 
Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro
Ano: 
2020

Número 59 (de xaneiro de 2020) da revista Lúa Nova da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá. Contén un artigo sobre o programa radiofónico en lingua galega Galegos no Baix, que se emite semanalmente por Radio Sant Boi; unha lembranza da figura de Antonio Fraguas Fraguas, o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019; os poemas gañadores do certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro 2019 que organiza o centro; artigos de divulgación; un repaso polas actividades organizadas pola entidade ao longo de 2019 como a Festa Galega de Cornellá, a ofrenda floral a Rosalía de Castro, o Entroido etc.

535 lecturas