Galicia Terra Única - Nº 6

Título:
Galicia Terra Única - Nº 6
Entidade:
Centro Galicia en Ponferrada
Ano:
2022
Número 6 (de 2022) de Galicia Terra Única, publicación do Centro Galicia en Ponferrada. Neste especial do XXX Aniversario da entidade atopamos, ademais dos saúdas institucionais, un resumo dos últimos cinco anos de actividade do Centro Galicia en Ponferrada, a participación no VI Día da Galicia Exterior e no programa Conecta co Xacobeo 2021 ou a relación de traballos gañadores no seu Certame literario. Tamén, artigos sobre gaiteiros e músicos galegos no Bierzo, as falas do Bierzo ou o Camiño de Santiago, entre outros.