Feitos 2023

Feitos 2023
Título: 
Feitos 2023
Entidade: 
Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT)
Ano: 
2023

Número de 2023 de Feitos, a publicación da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT). Ademais do editorial a cargo do presidente da entidade, atopamos artigos de opinión e divulgación, os Encontros celebrados pola entidade neste período, o directorio de empresas asociadas, un repaso pola actividade da Asociación no último ano, ou a entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2023, que na presente edición premiaron na categoría de Empresa a José María Froiz Prieto, director xeral do Grupo Froiz; na de Nov@s Emprendedores/as a Carlota Corzo, cofundadora e CEO de Lazzaro; na de Ciencias e Medicina, a Marisol Soengas, xefa do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas; na de Acción Solidaria, a FAGAL, Fundación Alzhéimer Galicia; na de Artes, a Luis Zahera, actor; na de Deportes, a Verónica Boquete, futbolista; e na de Comunicación a Victoria Prego, xornalista.

67 lecturas