Feitos 2022

Feitos 2022
Título: 
Feitos 2022
Entidade: 
Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT)
Ano: 
2022

Número de 2022 de Feitos, a publicación da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT). Ademais do editorial a cargo do presidente da entidade, atopamos artigos de opinión e divulgación, os Encontros celebrados pola entidade neste período, o directorio de empresas asociadas, un repaso pola actividade da Asociación no último ano, ou a entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2022, que na presente edición premiaron a Manuel Outumuro na categoría de Artes; a Ana María Freire Veiga, na de Ciencias e Medicina; a Alfonso Sánchez Izquierdo, na de Comunicación; a Álvaro Pino Couñago, na de Deportes; a Manuel Gómez-Franqueira Álvarez na de Empresa; a María de la Fuente Freire, na de Emprendedores; á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade - COGAMI, na de Acción Solidaria; e, finalmente, outorgouse o Título Extraordinario de Excelencia Galega a Valeriano Martínez García, quen fora conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia ata o seu pasamento en 2021.

147 lecturas