Feitos 2021

Título:
Feitos 2021
Entidade:
Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT)
Ano:
2021
Número de 2021 de Feitos, a publicación da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (AEGA-CAT). Ademais do editorial a cargo do presidente da entidade, atopamos artigos de opinión e divulgación como o da recente creación da Asociación Mundial de Empresarios Gallegos (AMEGA), o directorio de empresas asociadas, un repaso pola actividade da Asociación no último ano, ou a entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2021, que na presente edición premiou a Nerea Barros na categoría de Artes; a José Luis Bello López, na de Ciencias e Medicina; a Pilar Cernuda, na de Comunicación; a Borja Galán, na de Deportes; a José María Fernández Sousa-Faro, na de Empresa, e a Eduardo Baamonde Noche, na de Finanzas.