Anuario 2012

Título:
Anuario 2012
Entidade:
Hogar Gallego para Ancianos
Ano:
2012
Anuario 2012 do Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires. Inclúe o editorial do presidente da entidade, os saúdas do presidente da Deputación da Coruña, o secretario xeral da Emigración, o Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires e o consul xeral de España. Tamén se achegan convenios asinados coa SXE e a Deputación coruñesa; a referencia das instalacións e equipación da entidade; reportaxes gráficas das numerosas actividades e celebracións que se realizan con e a prol das e dos nosos maiores ao longo de todo o ano; a participación da entidade no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas; e apartados con artigos sobre saúde, o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas ou publicación de poemas.


