Anduriña, Nº 94

Título:
Anduriña, Nº 94
Entidade:
Lar Gallego de Sevilla
Ano:
2022
Número 94 (de xuño de 2022) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Contén o fallo do XIV Certame de Relatos Curtos María Teresa Rodríguez, gañado polo ferrolán Miguel Ángel Alonso Fernández con ¿Gústache a ópera? (inclúese a súa publicación). Tamén atopamos as entrevistas con Antonio Muñoz Martínez, alcalde de Sevilla; José Rodríguez García, tenente xeneral da Forza Terrestre do Exército de Terra en Sevilla; ou José Basilio Otero, patrón maior de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, ademais dun repaso polas diferentes actividades do centro, artigos de divulgación etc.