Anduriña, Nº 91

Anduriña, Nº 91
Título: 
Anduriña, Nº 91
Entidade: 
Lar Gallego de Sevilla
Ano: 
2020

Número 91 (de decembro de 2020) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Ademais dunha homenaxe a Alfredo Otero, expresidente da entidade, atopamos as obras gañadoras do VII Concurso de debuxo infantil do nadal; entrevistas con Francisco Conde, vicepresidente e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Sandra Martín García, delegada do Goberno en Andalucía, Manuel Cela, organista da Catedral de Santiago de Compostela, a cociñeira Lucía Freitas, membros do Servizo de Gardacostas de Galicia etc.; e, tamén, a convocatoria do XIII Certame de Relatos Curtos María Teresa Rodríguez; as actividades desenvolvidas pola entidade ou unha reportaxe sobre o Festival Fai Un Sol que tivo como protagonista a Amancio Prada.

541 lecturas