Anduriña, Nº 90

Anduriña, Nº 90
Título: 
Anduriña, Nº 90
Entidade: 
Lar Gallego de Sevilla
Ano: 
2020

Número 90 (de xuño de 2020) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Contén a carta de presentación de José A. Otero Fernández, novo presidente da entidade; entrevistas con Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia; Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021; Raquel Arias Rodríguez, secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia; Mons. Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela; José A. Franco Taboada, arquitecto do Pavillón de Galicia na Expo'92 de Sevilla; Rafael Rodríguez Guerrero, presidente da Asociación de la Prensa de Sevilla; Francisco González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e José Luis Maestro Sánchez-Cano, presidente da Interprofesional del Aceite de Orujo de Oliva. Tamén se inclúe a repercusión nos medios da interpretación por Fran Verde, gaiteiro do Lar, do himno do Betis durante o confinamento pola pandemia da covid-19; o relato gañador do XII Certame de Relatos Curtos María Teresa Rodríguez, obra de Antonio Tocornal Blanco; as actividades desenvolvidas pola entidade etc.

87 lecturas