Anduriña, Nº 77

Título:
Anduriña, Nº 77
Entidade:
Lar Gallego de Sevilla
Ano:
2013
Número 77 (de decembro de 2013) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Contén, entre outras, as homenaxes a Eloísa Navas, socia do centro, ás socias e socios que recibiron a Insignia de Prata, e ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois; entrevistas a Antonio Rodríguez Miranda -secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia-, e o futbolista galego Luis Suárez; a entrega da Medalla de Ouro da cidade á Federación de Casas Rexionais e Provinciais, o V Encontro de Casas Rexionais de Sevilla; artigos de opinión; e referencias ás diversas actividades sociais da entidade.


