Alborada 2021-2022

Título:
Alborada - 2022
Entidade:
Centro Gallego de Maracaibo
Ano:
2022
Edición 2021-2022 da revista Alborada do Centro Gallego de Maracaibo. Inclúe a celebración do 60º aniversario do centro; a participación do grupo de danzas Alborada e pandeireta Anduriña da entidade no VI Día da Galicia Exterior; a visita á sede do centro do encargado de Negocios da Embaixada de España en Venezuela, Ramón Santos Martínez; e un repaso polas moitas actividades deportivas, culturais e sociais organizadas pola entidade neste período: a celebración do Día de Galicia, o Día das Letras Galegas, o San Xoán, campionatos de tenis e natación etc.