Sen Título

Luis Seoane López Sen Título, Mediados s. XX
Sen Título
2369 lecturas

Luis Seoane López (Bos Aires, Arxentina, 1910 - A Coruña, 1979) foi debuxante, pintor, gravador e escritor. Nace en Bos Aires, fillo de emigrantes galegos, aínda que cando é un neno volve a Galicia. Estuda Dereito en Santiago e participa na actividade cultural e na loita obreira. No 1936 exíliase en Bos Aires. Aquí exerce unha intensa labor cultural como promotor de revistas, debuxante, deseñador, escritor e pintor. Acadou un grande recoñecemento, tanto en Arxentina como en Galicia. Neste caso estamos ante unha obra contemporánea na que se representan dúas figuras, posiblemente dous músicos. Amosa o estilo representativo de Seoane na época posterior a súa viaxe a Europa, realizada nos anos 50. Apréciase unha influencia do cubismo analítico de Picasso. Ao coñecer a obra do artista malagueño a súa pintura avanza e perde o volume característico da etapa anterior. A liña e a cor teñen un papel predominante e a profundidade e o realismo van diluíndose para dar paso a unha maior síntese e esquematización formal. A técnica empregada é a de serigrafía sobre papel.

máismenos
Data 
Mediados s. XX
Sen Título
Soporte / Técnica 
Serigrafía / papel. Serie 26/100
Autor 
Luis Seoane López
Dimensións 
52 x 36