Centro Gallego de Avellaneda

Centro Gallego de Avellaneda, 1899
Centro Gallego de Avellaneda
1817 lecturas

O Centro Gallego de Avellaneda, institución fundada o 22 de outubro de 1899 co nome de Centro Gallego de Barracas do Sur, despois Centro Gallego de Avellaneda. D. Antonio Paredes Rey, foi o seu primeiro Presidente e socio fundador, cun núcleo de veciñas e veciños de orixe galega.

No ano 1905 colócase a primeira pedra fundamental do futuro edificio social. No ano 1913 a institución contaba con 690 socias e socios, e ao cumplirse un ano inaugúrase a primeria parte do edificio.

O 4 de xuño do ano 1915 comezan as obras do resto do edificio, inagurándose o 24 de maio de 1916, cunha gran festa social.

O 8 de xaneiro de 1927 é ampliado este sobrio edificio de estilo renacentista; destaca, no seu salón de festa do primeiro piso, o zócalo executado con maiólica de Talavera de la Reina, traída especialmente pola entidade. Este edificio foi usado intensamente entre os anos 1950 e 1954 como centro académico, pois dictábanse clases de dactilografía, taquigrafía, ortografía, inglés, redacción, corte e confección, solfeo, canto e música, danzas, fantasía e debuxo.

máismenos
Data 
1899
Avda. Bartolomé Mitre, 780
Autor 
Centro Gallego de Avellaneda
Máis imaxes do
: