Centro Galego de Lisboa
Centro Galego de Lisboa

O Centro Galego de Lisboa ten a súa sede -desde xullo de 1988- na Rúa Julio de Andrade, nº 3 en Lisboa, grazas á doazón do ilustre socio Manuel Cordo Boullosa, nun palacete construido a fináis do s. XIX sobre un proxecto dun arquitecto italiano.
Os espazos máis destacables do centro son a biblioteca, o restaurante e un conxunto de salas e salóns para actividades. O Salón Nobre é un espazo adicado a exposicións de pintura, escultura, fotografía, presentacións de libros e outros eventos; o Salón de Festas, para representacións teatrais, actuacións musicais, organización de comidas, ceas e xuntanzas; a Sala de Reunión, onde se celebran as reunións do centro, e as Salas para o alumnado, nas que se imparten cursos.
máismenos
Júlio de Andrade, nº 3, 1150-206
Autor
Centro Gallego de Lisboa















































































