Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia de Montevideo, 1917
Casa de Galicia de Montevideo
2149 lecturas

A Casa de Galicia de Montevideo foi fundada o 1 de outubro de 1917 por D. José María Barreiro e un grupo de galegos visionarios. Foi unha das primeiras asociacións mutualistas do país. Posúe un local social central, sanatorio, panteón, policlínicas radiais e un campo de festas, coñecido como "Quinta de Casa de Galicia". No seu local social da Avenida 18 de Julio 1471, B, con catro andares, están instaladas as seguintes dependencias: bar, restaurante, comedor, salón rexional, salón de actos, biblioteca e sala de reunións, e no seu último andar ubícase o instituto de secundaria "Manuel Curros Enríquez".

A biblioteca "Alfonso R. Castelao" cataloga máis de 5000 volumes de carácter xeral pero posúe, ademais, unha biblioteca técnico-médica, a "Manuel Albo", constantemente actualizada.

máismenos
Data 
1917
18 de Julio - Colonia 1474
Autor 
Casa de Galicia de Montevideo
Máis imaxes do
: