Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
24Setembro2025Miranda: “A colaboración coa colectividade galega en Chile é fundamental para transmitir a nosa cultura ás novas xeracións” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho ao vicepresidente do Lar Galego de Chile, Arturo Vasques, co obxectivo de reforzar a colaboración coa entidade e coñecer de primeira man as necesidades e proxectos da colectividade galega residente neste país latinoamericano. Miranda destacou a traxectoria do Lar Galego como referente da cultura galega en Chile e puxo en valor o compromiso desta entidade... Máis información
-
24Setembro2025Como conseguir as invitacións con acceso gratuíto para os concertos de Baiuca e Luz Casal en Bos Aires audio INVITACIÓNS para BAIUCA. Online: No seguinte enlace: AQUÍ. En persoa en: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires. Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo. Son gratuítas. INVITACIÓNS para LUZ CASAL. So en persoa: Na billeteira do Centro Cultural Palacio Libertad. O domingo 12 de outubro a partir das 17:00 horas. 2 INVITACIÓNS gratuítas POR PERSOA. Datas dos concertos: Baiuca, o 10 de outubro na Sala Groove ás 21:00 h... Máis información
-
23Setembro2025Miranda subliña en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno que se poden solicitar ata o 30 de setembro permiten ás familias galegas “Comezar unha nova vida en Galicia” audio O secretario xeral da Emigración visitou en Padrón a Lorena García Zaragoza, quen regresou dende Arxentina co seu marido, dous fillos, un sobriño e o seu pai grazas ás axudas extraordinarias. A convocatoria de 2025 leva xa 1.166 solicitudes presentadas. Miranda destaca o papel fundamental no acompañamento ás familias retornadas que desenvolven as oficinas de retorno. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en... Máis información
-
22Setembro2025Miranda: “O labor conxunto das familias e dos centros galegos no exterior, co apoio da Xunta, fai posible que as novas xeracións manteñan o vínculo e fagan posible o éxito do retorno a Galicia” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Francisco Solla, referente da colectividade galega en Mar del Plata e expresidente do Centro Galego con una participación moi activa coa diáspora galega. Durante a reunión, Solla estivo acompañado polas súas netas, participantes dos programas de retorno da Xunta, nas Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME), e a outra de FP. Compartiron co responsable... Máis información
-
21Setembro2025A Xunta impulsará a próxima semana en Estados Unidos os lazos coa comunidade galega deste país e as medidas de apoio ao retorno audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitará Miami o vindeiro 24 de setembro, onde se reunirá con persoas da colectividade galega e de empresas galegas radicadas en EEUU. O 26 e 27 de setembro continuará a axenda en Newark e Nova York con distintas visitas e xuntanzas con entidades da diáspora galega presentes nestas cidades. Esta viaxe enmárcase na necesidade de manter o contacto cos galegos do exterior e tamén no... Máis información
Páxinas |




