«Sabemos o que é estar fóra da casa», presente nas sete principais cidades de Galicia

  • Esta fin de semana comezou a campaña «Sabemos o que é estar fóra dá casa» promovida pola Secretaría Xeral da Emigración, que xa se pode ver na traseira dos autobuses que se moven polas sete grandes cidades galegas, ou contemplar nas distintas partes do mobiliario urbano.


Dende esta fin de semana, na traseira dos autobuses que se moven polas sete grandes cidades galegas, así como en boa parte do mobiliario urbano, xa se pode ler o lema da campaña levada a cabo pola Secretaría Xeral da Emigración "Sabemos o que é estar fóra da casa".

O subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, foi o encargado de presentar unha campaña que pasa por «conseguir integración plena» entre todos os cidadáns. Aguarón engadía que «é importante ter a representación total das linguas da poboación emigrante nesta sociedade», polo que o proxecto que puxo en marcha a Secretaría Xeral de Emigración levarase a cabo nas catro linguas dominantes: galego, castelán, romanés e árabe.

Para o subdirector Xeral de Inmigración e Retorno, conseguir o obxectivo de «Sabemos o que é estar fóra da casa» está moi relacionado con realizar «unha labor conxunta dos emigrantes que queren traballar e da sociedade, que os quere integrar». «En definitiva -explicaba Aguarón-, hai que ver o fenómeno migratorio como algo normal, como un intercambio de man de obra e de cultura. Neste sentido, tamén estamos traballando na figura do mediador intercultural, porque é xente que ten problemas de integración, en moitos casos, porque descoñece os costumes».

Porqué "sabemos o que é estar fóra da casa"
Segundo o subdirector Xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, o lema da campaña «Sabemos o que é estar fóra dá casa», elixiuse por ser «un concepto claro, sinxelo e doado de descodificar polo público». Ademais, a frase é «unha expresión emotiva que apela aos sentimentos e á hospitalidade dos galegos», aínda que «non se detecte ningún problema de xenofobia» en Galicia.

Antonio Aguarón quixo facer fincapé na reelevancia da devandita campaña na comunidade, xa que «en Galicia tamén existiu unha tradición de inmigración galega ao exterior», polo que agora é o momento de que sexan os galegos que dean unha «boa acollida aos extranxeiros». En resumo, este é o obxectivo final dunha campaña que chega en plena época do Nadal e cun obxectivo que resulta «básico» hoxe en día, como é o da integración.

757 lecturas