As películas da mostra

Moitos dos filmes estreados na mostra exhíbense por primeira vez en España, son éxitos da cinematografía cubana e reúnen películas premiadas en diferentes festivais

A I Mostra de Cine galego cubano en Santiago de Compostela proxecta unha serie de películas de maior éxito da cinematografía cubana nos últimos anos.

A selección de filmes reúnen películas premiadas en festivais como o de Montreal, La Habana, Miami, Cannes ou El Cairo e algunhas delas incluso foron candidatas aos Premios Goya en España ou aos Ariel en México.

Moitos destes produtos non foron estreados aínda no noso país e precisamente esa novidade unida á intención de ofrecer películas de calidade é un dos obxectivos fundamentais desta mostra.

Os títulos son os seguintes:

El Benny: Un filme inspirado na vida do músico cubano Benny Moré que consolidou a súa carreira en México a finais dos anos 80. O seu director é Jorge Luís Sánchez e está producida polo ICAIC

La Pared: Mostra unha historia de Diego que decide aillarse da realidade porque non entende a humanidade, con este motivo aíllase nunha habitación onde imaxina o seu mundo a través da súa propia metáfora da realidade. Está dirixida por Alejandro Gil e producaida tamén polo ICAIC e é do ano 2006.

Tres veces dos: Trátase dunha triloxía de contos. No primeiro, un fotógrafo estremécese ante unhas extrañas aparicións na súa obra. A segunda das historias achéganos á volta dun amor de xuventude e na úlima dous personaxes solitarios que suplen a inexistencia de amor nas súas vidas con soños sensuais, acabarán atopando os seus camiños.

Os directores son Pavel Giroud , Lester Hamlet e Esteban Insausti e o ICAIC encárgase da producción do filme.

Viva Cuba: A promesa de dous rapaces, Malú e Jorgito de ser amigos de por vida malio odio das súas familias, veráse truncada cando a nai da primeira decida marchar ao estranxeiro.

Entón os dous rapaces deciden escapar e recorren toda a isla de Cuba vivindo mil aventuras e defendendo o seu dereito a vivir alí.

A dirección da película corresponde a Juan Carlos Cremata Malberti

Nada: Carla Pérez, traballadora da Administración postal cubana, descubre as confluencias das emocións que agocha unha oficina de correos. Comeza a modificar o contido das cartas que chegan ás súas mans. Ao principio só é un xogo para sobrelevar a súa aburrida existencia pero pouco a pouco vese profundamente implicada na misión de cambiar a realidade da vida dos seus concidadáns en pos da felicidade.

O ICAIC e Canal Plus están entre os productores deste film que data do ano 2001.

1166 lecturas