O punto de partida da investigación
Ramón Pinheiro da as claves do espectáculo froito da investigación sobre o patrimonio musical galego e cubano e as súas relacións: Galicia e Cuba unidas a través de pezas e autores descoñecidos
O patrimonio musical galego-cubano centrou as investigacións do musicólogo Ramón Pinheiro.
Esta tarefa levouno a desprazarse por Cuba durante os meses de verán do ano pasado. Desa investigación financiada pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural sairon dous proxectos independentes entre sí tal como explica o propio Pinheiro "a publicación dun libro "Los gallegos en la música de Cuba" e a producción dun espectáculo "Descarga ao vivo; Cuba-Galiza 08".
Como punto de partida desta investigación, Ramón Pinheiro destaca o gran descoñecemento sobre o tema existente e o esforzo en acadar esas obras máis esquecidas do patrimonio musical: "O patrimonio musical galego aínda continua a ser un gran descoñecido a pesar das contribucións realizadas polos músicos e investigadores nos últimos anos. No caso das "músicas da emigración, esta situación agrávase aínda moito máis. Cuba, como ben é sabido foi un dos principias paises de recepepción de emigrantes galegos na segunda metade do século XIX e da primeira do XX.", asegura o musicólogo galego.
Pinheiro da algunhas claves de cómo introducirse no proceso de estudio que levou a cabo: "A música como un dos principias elementos na conformación de identidades foi un elemento fundamental no proceso de integración deses inmigrantes no seu novo país de acollida. Poder facer un achegamento a eses procesos, identificando os seus principias actores e definido algunhas chaves interpretativas ademais de rescatar documentación musical de distinto tipo foron os principias presupostos da investigación". Pinheiro engade que "o realmente interesante e importante en todas as investigacións sobre patrimonio musical é conseguir que esas obras olvidadas volvan a sonar interpretadas por novos músicos dándoas a coñecer e compartíndoas cun público novo".


