O Proxecto de Descarga ao vivo paso a paso

"Descarga ao vivo" contou coa colaboración do Instituto Superior de Arte da Habana e o Conservatorio de Música Tradicional de Lalín tras longa selección do repertorio e dos intérpretes. Moitas das obras incluidas son descoñecidas ata o momento.

O proceso de documentación e ensamblaxe de todos os elementos que componen "Descarga ao vivo" foi un proceso longo tal como explica o seu responsable Ramón Pinheiro: "O primeiro paso foi a localización e selección do repertorio. Unha vez que tivemos unha primeira aproximación foron seleccionados os diferentes músicos, seis cubanos e seis galegos, en colaboración co Instituto Superior de Arte (A Habana) e o Conservatorio de Música Tradicional e Folque, todos auténticos maestros nos seus instrumentos e cunha amplísima bagaxe na interpretación e reelaboración das músicas populares: Alejando Vargas (piano), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeom e bouzoki), Quim Farinha (violino), Raciel Jiménez (batería), Edgar Martínez (percusións cubanas), Diana Gutierrez (violino e voz), Edelmiro Fernández (gaita), Ernesto Vega (clarinete e saxo), Xabier Díaz (voz e percusións galegas), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Óscar Fernández (sanfona)." 

Pinheiro destaca que "tamén se invitou a participar ao coreógrafo Ardiel Vargas que en colaboración con Xabier Díaz preparou dous número de danza. Os directores musicais Marcos Teira, Pedro Pascual e Alejandro Vargas foron os auténticos responsables dos arranxos musicais que contaron ademais con aportacións de todo o equipo artístico. 

A conexión entre os músicos foi total e o fluír de músicas e emocións durante as dúas semanas de ensayos nos que se lle deu forma definitiva a "Descarga ao vivo", foi a mellor experiencia vivida no plano persoal en todo o proxecto" 

A maiores deste equipo tamén recibiron determinadas colaboracións sumadas a a por parte de Pablo Milanés, Ugia Pedreira, Guadi galego, Pablo Pascual ou Xosé Trincado. 

Moitas das obras incluídas neste proxecto son obras esquecidas, das que en ocasións non resulta doado atopar copias das partituras, sendo raras ou inexistentes as versións fonográficas.

1027 lecturas