O programa «Volver á Terra»

  • «Volver á Terra» é o resultado dunha colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e a Consellería de Traballo e Benestar.

O programa «Volver á Terra» asignou nesta edición as 132 prazas aos emigrantes galegos dende Brasil, Uruguai, Arxentina e Cuba.

A media de idade no seu conxunto é de 75 anos, sendo os de maior idade dous participantes, que contan con 90 anos e residen, en Arxentina e Uruguai.

«Volver á Terra» é o resultado dunha colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e a Consellería de Traballo e Benestar. A Secretaría Xeral de Emigración encárgase da programación xeral, convocatoria, publicidade e execución do programa; a difusión do programa e a recepción das solicitudes; a selección dos beneficiarios; o financiamento da viaxe e posterior regreso ao país de residencia e a atención, seguros, animación e programación das actividades durante a estanza na residencia de tempo libre.

Pola súa parte, a Consellería de Traballo e Benestar é quen se ocupa do aloxamento e dos participantes durante a estanza dunhas dúas semanas na residencia de tempo libre do Carballiño, así como a colaboración na realización de actividades cos emigrados.

Participantes por concellos
Sobresaen como concellos nos que naceron máis participantes:

Na Coruña: Ponteceso, Carballo, A Coruña, Arteixo, Malpica, Rianxo, Tordoia e Vedra, por esta orde.

En Lugo: Barreiros.

En Ourense: Arnoia, Ramirás e Viana do Bolo.

En Pontevedra: Gondomar, Nigrán, Vigo, Lalín, Ponteareas, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Meis, Moraña, Pontevedra, Porriño e Redondela.

522 lecturas