O Festival Internacional do Novo Cine Latinoamericano
Este evento q se leva celebrando desde os anos 80, ten unha labor destacada na difusión de obras cinematográficas que permitan reafirmar a identidade cultural cubana e pretende ser un escaparate de cine contemporáneo
O Festival Internacional do Novo Cine Latinoamericano celébrase sin interrupcións desde decembro de 1979 e acolleu a personalidades importantes do mundo do celuloide.
Esta cita ten un gran poder de convocatoria e logrou unha gran persistencia ao longo de todos estes anos. O festival permitiu que o público coñecese e non renunciase a un evento de tanta importancia para a cultura nacional e continental, tanto europea como doutras latitudes.
Este evento proponse recoñecer e difundir as obras cinematográficas que contribúan, a partir da súa significación e dos seus valores artísticos, ao enriquecemento e reafirmación da identidade cultural latinoamericana e caribeña.
O Festival convoca anualmente aos Concursos de Ficción, Documental e Animación, Operas Primas, Guións Inéditos e Carteis. Ademais, organízanse encontros e seminarios sobre diversos temas de interese cultural e, en especial, cinematográfico. Así mesmo, o programa do Festival acolle unha ampla e representativa mostra de cine contemporáneo proveniente do resto do mundo.
Un espazo para o cine verdadeiro e comprometido, que lonxe do brillo das luces achega visións diferentes sobre unha arte que examina o mellor do ser humano.


