O Conservatorio de Música Tradicional e Folque e o seu papel en "Descarga ao vivo"

Fundado no 1999, xa se ten convertido nunha institución de referencia na divulgación cultural da música galega cunha oferta de estudos consolidada. É tamén o responsable do xermen da fundación de "Descarga ao vivo"

Ugía Pedreira, directora do Conservatorio de Música Tradicional foi a encargada de presentar a idea orixinal do espectáculo a Ana María Mafud, directora do Instituto Superior de Arte. Tal como explica Ramón Pinheiro " a proposta do Conservatorio acadou o apoio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para que se levase a cabo a presentación no marco da Feira Internacional do Libro de La Habana. Despois diso foi cando se me encargou tanto a investigación documental como a dirección artística de "Descarga ao vivo". 

Ademáis Pedro Pascual, Óscar Fernández, Edelmiro Fernández, e Quim Farinha, catro dos seis músicos galegos seleccionados, son profesores do centro.

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque está situado en Lalín. Desde o ano 1999 adícase ó ensino e á transmisión do noso legado e busca tanto o mantemento da tradición como a evolución da música de raíz galega. A iniciativa de crear este conservatorio xurdiu da asociación xuvenil Berra de Lalín que gracias a Luís Areán e a Uxía Pedreira lograron presentar a idea no concello e que acadou o apoio necesario para o seu desenvolvemento. 

O concello encárgase da maior parte do financiamento do centro que desde o curso 1999-2000 atópase a pleno rendemento no eido educativo cuns oitenta alumnos cada ano, moitos deles afecionados, que reciben formación sobre linguaxe musical, música tradicional e tamén teñen a posibilidade de participar no combo folk, creado polo propio conservatorio. 

A oferta de ensino complétase con cursos monográficos sobre técnicas ou instrumentos e tamén para coñecer música folclóricas de todo o mundo. Tamén contan cun programa específico para a infancia e a mocidade. 

Con tan pouco tempo de vida, xa se produxeron os primeiros resultados e o Conservatorio ten organizado diferentes actos e del xa saíron grupos que están gravando os seus primeiros traballos. 

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque (CMTF) nace coa intención de cubrir un baleiro educativo: a producción e a divulgación cultural no mundo da música galega e parece que cinco anos depois da súa creación parece que se está a converter nun referente importante para o coñecemento e o achegamento dos profesionais e do público interesado polas músicas de raíz do mundo.

909 lecturas