«A mostra é unha ocasión para tender unha ponte entre dúas culturas e dúas cinematografías»

O director do Festival Internacional de Novo Cine Latinoamericano da Habana considera que os lazos entre a cultura galega e cinematográfica son cada vez máis sólidos aínda que queda moito que facer a pesar do avance das novas xeracións

Iván Giroud leva quince anos ao frente do Festival Internacional do Novo Cine Latinoamericano da Habana e vinte traballando dentro do Comité organizador. Desde o ano 2002 é director para Latinoamérica do Diccionaro de Cine Iberoamericano (xa na súa fase final de producción ). Por otra parte tamén se ven de incorporar como Director de Programación do Instituto Buñuel.

Para él a mostra de cine galego cubano «é unha ocasión para tender unha ponte entre dúas culturas e dúas cinematografías que loitan por buscar un espacio para expresarse e para darse a coñecer» Considera que os lazos que unen a Cuba coa cultura galega conversen na formación e consolidación da identidade nacional cubana.

«Hai moito camiño por percorrer pero as coproducións son unha vía moi válida e efectiva para recoñecernos e actuar.»

O Convenio firmado entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e o ICAIC «prevé esta posibilidade, é prometedor e xa temos pasado á firma dun acordo aos feitos, nestra mostra queda verificado», asegura Iván.

Para o fomento da unión entre as cinematografías europeas e latinoamericana, Giroud propón «a firma de convenios que inclúan asesoría, coproducción, e acceso a fondos de axuda para a formación e o desenvolvemento así como outros mecanismo que poidan ser útiles e válidos».

As novas xeracións e tecnoloxías abren un incipiente camiño polo que se move o novo cine latinoamericano; «Hai nova xeración que tomou protagonismo axiña que ven moito mellor preparada cas anteriores e con maior formación técnica pola gran cantidade de escolas de cine que hai no noso continente», asegura Iván.

Ademais «o desenvolvemento de novas tecnoloxías permitiu que esta xeración chegue antes e poida presentarse a interactuar con maior rapidez, efectividade e alcance.»

En canto ás palabras de Fernando Salgado na presentación da mostra na que destacou as boas relacións entre o audiovisual galego e cubano, o director do Festival de Novo Cine Latinoamericano da Habana mostrase moi de acordo coas palabras do Secretario Xeral de Comunicación; «Se comeza o camiño pronto esperamos que se vexan os resultados dos convenios , este é un dos máis importantes; presentar os nosos films en Galicia e os de Galicia na Habana. Sen embargo non debemos quedarnos nese escalón. O ideal sería que na próxima edición poidamos presentar en ambos lados do Atlántico unha película que salga deses acordos, se non somos de dar eses pasos, faremos menos do que se espera de nós», augura Giroud.

1017 lecturas