Manuel Rendo: unha historia personal
-
Entre os participantes se atopa Manuel Rendo, emigrante galego que non voltaba a Galicia desde 1950.
Partiu do porto de Vigo destino a Bos Aires nun barco de carga, alá polo ano 1950. En novembro de 2008 volta á súa terra, a Galicia, case 60 anos despois. «Jamás pensé que volvería a Galicia, esto es una maravilla. Me emocioné mucho cuando bajé del avión, en este acto y en el recorrido que hicimos, mucho. Esto es impagable», comenta Manuel Rendo cun sorriso.
Nado na localidade de Ribeira, Manuel Rendo é un dos milleiros de emigrantes galegos que tiveron que marchar da súa terra para buscar unha vida mellor na Arxentina. «Primero se fue mi madre para allá, porque tenía a su madre y a las hermanas, y a los tres meses nos llamó a todos para que nos fuésemos con mi padre», apunta Rendo.
Eran anos difíciles, e en pleno franquismo. «El hambre, la guerra...Lo pasamos muy mal. Y un orgullo mío fue venir de vuelta acá. Esto nunca me lo esperaba».
Durante os máis de cincuenta anos que Manuel Rendo viviu en Bos Aires nunca esqueceu de todo a Galicia. Lembra con morriña as cancións que lle cantaban de neno e a cultura recibida dos seus pais. «Eso no se puede olvidar nunca, siempre lo llevamos acá», di Manuel Rendo sinalando ao corazón. Ademais contaba con amigos que viñan de cando en vez a Galicia e logo lle informaban das súas impresións.
Unha das cousas que máis lle chamou a atención ao chegar a Galicia foi o adianto tecnolóxico en infraestruturas: «Veo a Galicia con mucho progreso, mucho adelanto. Lo que más me sorprende son los caminos que hay, las carreteras, las casas, un progreso terrible».
Non obstante, un desexo especial e imposible de cumprir para Manuel foi o de ver a súa casa natal. «Ahora ya no hay nada en la casa donde nací, cambió mucho», indica. Con todo, asegura que a atención que tiveron desde a súa chegada non a recibiran antes en ningún lado. «Ojalá pueda volver otra vez», sentencia Rendo.


