Joaquín Dosil e Daniel Álvarez Lamas, os especialistas en habilidades directivas

  • Estes expertos ensinan a importancia de crear sinerxías de equipo e potenciar o traballo man a man coas distintas institucións.

As sesións inaugurais do taller que se presentaron en Bos Aires duraron unhas sete horas e estiveron estructuradas en tres xornadas intensivas, orientadas á adquisición de coñecementos. Non obstante, ata o 18 de decembro, data na que se inclúen as prácticas, non rematará este ciclo, no que hai previstos dous talleres de reforzo a distancia, aos que se pode acceder mediente a web de GaliciaAberta.com co contrasinal pertinente.

Ao longo de todo o curso, os mozos descendentes de galegos poden contar coa participación de persoas significativas coñecedoras da realidade dos centros galegos, así como especialistas en habilidades directivas. Estes expertos son os que ensinan a importancia de crear sinerxías de equipo e potenciar o traballo en común, así como trazar estratexias xunto á comunidade galega e estruturar os procesos de xestión innovadores para as organizacións.

Os expertos
Joaquín Dosil é Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou estudos de Psicoloxía e Psicopedagoxía. Tamén realizou un Máster en Psicoloxía do Deporte e outro Máster en Asesoramento e Orientación Familiar.

Actualmente, é profesor do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo. Tamén dirixe a Unidade de Psicoloxía do Deporte de Galicia (UPDGalicia) en Santiago de Compostela. Entre os seus cargos, destaca a Presidencia da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte e a súa Presidencia da Sociedade Galega de Psicoloxía.

Dosil é autor de 14 libros asociados á psicoloxía e o deporte, entre os que destaca The Sport Psychologists Handbook (Wiley), unha obra de gran prestixio internacional. Ademais, Joaquín Dosil traballa como asesor asociado da empresa QCoach.

Daniel Álvarez Lamas é licenciado en Economía e especialista na dirección polo Instituto de empresa (IESE) e Otto Walter. Tamén exerceu de Practitioner de PNL e Trainers Training polo Instituto Internacional de PNL. Daniel Álvarez Lamas traballou como directivo de BBVA, non obstante, dende hai uns anos, deixou o seu posto pola consultoría de adestramento directivo e a organización empresarial. Por iso, exerce de coach de directivos de diferentes empresas e director de programas de habilidades directivas da Escola de Finanzas da Coruña. Tamén traballa como relator de Coaching en varios eventos de todo o mundo.

609 lecturas