Historias de emigrados galegos no libro «Volver a Galicia»
«É lóxico que o que me conte unha señora de 80 anos sexa moi parecido ao que me conte a miña avoa», comenta Fernández á hora de presentar a súa obra, un traballo que está inspirado en todos e cada un dos emigrantes que se foron a buscar unha vida mellor.
«Cada vez que se xuntaban, os meus parentes tiñan dous temas de conversación: como cambiou a súa vida ao chegar a América e cando ían volver a Galicia». Así arranca a obra Volver a Galicia, escrita por María González Rouco, neta de galegos (de orixe de Lugo e A Coruña), nacida en Bos Aires en 1960.
«Volver a Galicia ten 3 partes. A primeira é unha investigación completa, a segunda son uns seis contos e a terceira son poemas», explica a autora, que lle dedica a súa obra os galegos en Arxentina, «que son a razón deste libro».
Segundo explica González Rouco, «hai contos de galegos e de galegas, e das circunstancias que lles levaron a migrar». «Na miña familia, dúas mulleres eran monxas e unha delas migrou. Á min chamoume a atención esta situación. A miña avoa migrou, xa que en Galicia ía cosendo pobo por pobo -ao igual que as mulleres bolivianas de hoxe. Como o meu avó tiña un posto importante, ela dedicouse a ser ama de casa. Anos despois, quedouse viúva e foi sumando desgracias», detalla a autora do libro, onde se recollen moitas historias semellantes.
Os relatos
Na súa web, María González Rouco sintetiza os relatos, en concreto os seis que compila no seu libro. Un dos primeiros é Josefina en el retrato, onde a autora comenta a través dunha nena da década de 1880 e as actitudes da elite porteña cara á inmigración. En Peregrinación, texto no que se refire ao doloroso instante da partida e á esperanza que impulsaba os que deixaban a súa terra, recibiu en 1996 o Quinto Premio no concurso «El Inmigrante», convocado pola Sociedad Argentina de Escritores, Filial Centro, Azul, Provincia de Bos Aires, e o Círculo Literario Mitre, da mesma localidade.
Antonio González, nacido en Lugo en marzo de 1890, protagoniza El regreso del indiano, conto que a autora inventou para o seu avó paterno. Esta narración foi distinguida cunha Mención do Xurado no Concurso de Literatura convocado polo Consejo Profesional de Ciencias Económicas da Capital Federal, en novembro de 1999. Ademais, en Un cielo para mi abuelo, conta os últimos días do seu avó materno. El álbum evoca á avoa como transmisora da tradición inmigrante.
González Rouco identifícase coas historias da súa obra, xa que en moitas se baseou na vida dos seus propios familiares e, noutras, moitas personaxes ben podían formar parte do pasado de calquera galego actual, aínda que máis ben duns galegos emigrados que «viñeron a Arxentina, traballaron moito, e non perderon a alegría».
Sobre María González Rouco
A autora é Licenciada en Letras con Orientación en Letras Modernas (1984) e Profesora en Letras (1983). Compilou a antoloxía Territorios de infancia (Plus Ultra, 1994), en cuxo estudo preliminar amplía o tema investigado na súa tese. Cursou tamén algunhas materias da carreira de Historia das Artes, estudos que abandonou para dedicarse de cheo ao periodismo. Ao longo da súa traxectoria, publicou ensaios, comentarios, reportaxes, notas de actualidade, contos e poemas. Actualmente colabora cos xornais La Nueva Provincia de Bahia Blanca, La Capital de Mar del Plata e El Tiempo de Azul, en cuxos suplementos aparecen os seus traballos sobre inmigración, tema sobre o que escribe dende o ano 1980. Ata o momento, María González Rouco exerce a docencia nun colexio porteño.
Margarida Ferrer de Carrau, de El tiempo Azul, comentou que nas obras de González Rouco, a escritora «rastrexa en textos canonizados e noutros que non o son, como así tamén en entrevistas ou testemuños persoais, aqueles aspectos máis privados dos inmigrantes, que non foron catalogados en cifras ou estatísticas, como a vivencia da nostalxia, as festas familiares, certos costumes e os relatos dos maiores,».


