A historia da Casa de Galicia, por Manuel Zapata

«O que lle dá sentido e vitalidade a unha democracia non son os ideais proclamados polos oradores. Son as institucións. Ademais de transmitir dunha xeración a outra as tradicións e valores eternos dun pobo, son as que esixen, respectan, defenden e levan á práctica os principios democráticos dunha sociedade e son os campos de ensaio para a participación dos cidadáns nunha democracia» (Manuel Zapata).

Para Manuel Zapata, «a Casa Galicia é toda unha institución exemplar». E esta contundente información demóstraa no artigo A Historia de Casa Galicia, que se pode encontrar en formato dixital. Aquí recóllese un extracto de detalla as funcións desta institución situada na Gran Mazá.

Así comeza
Nos anos vinte houbo un antigo Centro Galego que chegou a ter un grande edificio, situado en Union Square que, naquel tempo, era o orgullo da comunidade galega, en cuxa propiedade acabaron instalándose as outras sociedades españolas. Pero a gran depresión económica que azoutaba o país rematou coa institución.

Coa guerra civil, os inmigrantes e exiliados galegos, sabendo aqueles que España xa non gardaba esperanza ningunha, sentiron a necesidade de crear unha «pequena Galicia» fóra das terras galegas. Foi cando a Fronte Popular Antifascista Galega se transformou en Unity Gallega, mellor coñecida por Casa Galicia. Iso sucedeu en 1940 pouco antes de marchar Alfonso Castelao para Bos Aires. Nos faladoiros levados a cabo cos fundadores falou da falta dun lugar propio onde os galegos se puidesen reunir e satisfacer o anhelo de conservar a lingua, folclore, música e valores culturais. Se Castelao foi unha inspiración, a necesidade foi o executor. Aqueles que non desoíron as súas palabras organizáronse e a colaboración foi entusiástica. Uns anos máis tarde, no 1946, recén rematada a guerra mundial, Alfonso R. Castelao volvióa Nova York e foi nomeado o «primeiro socio honorario».

A súa necesidade e función
Ao longo dos anos, Casa Galicia tivo un impacto positivo e incalculable, non só sobre os galegos pero tamén sobre outros grupos españois e hispanos. Foi durante os anos 40, 50 e 60, cando a Casa Galicia de Nova York mellor cumpriu coa súa misión ao provelo aos galegos as actividades culturais e sociais que formaran parte da vida antes de ter que abandonar a terra nativa.

Para comprender a importancia do papel que desempeñou a sociedade hai que imaxinarse en Nova York antes dos anos sesenta, antes de que a cota de inmigración se fixese equitativa para todas as nacións. Foi cando se precipitou a onda de inmigrantes procedentes de Hispanoamérica, coa consecuencia de que a cidade de Nova York se converteu nunha das grandes capitais de fala española no mundo.

As súas actividades
Entre todas as actividades de Casa Galicia son as que corresponden aos grupos folclóricos as máis importantes e as que lle provén unha identidade auténtica e exclusiva á Sociedade. A música e o baile son dúas expresións culturais que representan os sentimentos máis profundos dun pobo. A través dos anos, medios artísticos como o Coro, a Tuna, o Ballet Galego e o Grupo de Gaitas, alentaron, non só o espírito dos socios, pero tamén sempre obtiveron resoados éxitos cos seus variados programas actuando anualmente no desfile do Día da Raza [máis coñecido como día da Hispanidade] pola Quinta Avenida, noutros desfiles, na televisión, en universidades e noutras actuacións en Estados Unidos.

Aquí está o texto completo de Manuel Zapata.

887 lecturas