A Fundación Galicia Emigración segue coa formación a emprendedores
-
Ponse en marcha o Curso para Formación de Emprendedores, continuando co apoio aos galegos e aos seus descendentes que residan fóra de Galicia. O prazo de inscrición remata o 27 de novembro.
Este curso de formación está dirixido a empresarios, emprendedores, profesionais e aquelas persoas que teñan unha ida empresarial e que a queiran por en marcha. «Está pensado para aqueles que queiran iniciar un proxecto por conta propia en Arxentina -indican desde a Fundación Galicia Emigración-. Para os que teñan unha idea, que non saiban preparar un plan de empresa, ou temas fiscais...Neste curso van a recibir toda esa formación». Como requisito imprescindible, os participantes teñen que ser emigrantes galegos e/ou descendentes de emigrantes galegos, con residencia en Arxentina, que soliciten apoio na concepción, diagramación e desenvolvemento de proxectos.
Para inscribirse neste curso, os interesados deben cumprimentar a ficha de preinscrición e entregala nos locais de AEGA, (Maipú 42, 4º, oficina 142); remitila ao correo electrónico de AEGA, secretaria@aega.com.ar, ou ao correo da Fundación Galicia Emigración: autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es. A ficha de inscrición deste curso pódese descargar desde a páxina web da Fundación Galicia Emigración.


