Conclusións do I Congreso da Xuventude Galega no Exterior

Os expertos teñen sintentizado as conclusións do Congreso, que se poden resumir en seguir dotando de habilidades directivas os mozos da diáspora.

Os obxectivos das charlas sintetízanse en seis puntos básicos:

1. Poñer en valor o papel dos mozos no mantemento e fortalecemento dos lazos, presentes e futuros, entre Galicia, Arxentina e Uruguai.

2. Constituír un foro de análise e debate en torno aos temas que máis preocupan aos mozos descendentes de galegos na Arxentina e no Uruguai.

3. Favorecer a participación dos mozos descendentes de galegos, de sorte que sexa posible aproveitar o seu capital social e cultural en favor da colectividade.

4. Analizar as canles de participación dos mozos nas entidades galegas e o necesario proceso de modernización e integración nestas.

5. Estudar os mecanismos de comunicación en rede máis idóneos e que permitan dar soporte ás necesidades sentidas polos mozos descendentes de galegos.

6. Canalizar, dende unha perspectiva institucional e da mesma sociedade civil, aquelas ideas e propostas que redunden no avance das oportunidades dos mozos descendentes de galegos nestes países.

Segundo os expertos, estes puntos cumpríronse satisfactoriamente nunhas xornadas que poñen a primeira pedra para un futuro de melloras nas relacións galegas cos seus mozos emigrados ao outro lado do Atlántico.

586 lecturas