Catro alumnos do colexio Santiago Apóstolo representan «A noite vai coma un río» no Festival Internacional de Teatro de Bos Aires

  • Os encargados de representar a obra de Álvaro Cunqueiro, enmarcada no Festival Internacional de Bos Aires (FIBA) foron catro alumnos de quinto ano do colexio Santiago Apóstolo. A obra representouse na biblioteca Martín del Barco Centenera.

Catro rapaces de quinto ano do colexio Santiago Apóstol foron os encargados de rememorar en galego a figura de Álvaro Cunqueiro con motivo do Festival de Teatro de Bos Aires (FIBA). Nas múltiples actividades que acolleu o evento, que se celebrou do 5 ao 18 de outubro, enmárcase o proxecto Babel a biblioteca, que busca dar a coñecer a todos os grupos que viven na Arxentina.

Os asistentes ao evento, que tivo lugar na biblioteca Martín del Barco Centenera, puideron seguir a obra cunha copia do texto traducido ao castelán que os propios rapaces fixeran guiados polo profesor Carlos Brandeiro, responsable da área de lingua da Colexio Santiago Apóstol de Buenos Aires.

Este tipo de encontros son unha oportunidade de integración e intercambio das diversas identidades que conviven na cidade de Bos Aires.

Segundo explicou no inicio da actuación galega a Directora Xeral do Libro e Promoción da Lectura da Cidade, Alejandra Ramirez, «este espacio se creó para escuchar a los dramaturgos en sus lenguas originales y mostrar la diversidad cultural de Buenos Aires, donde ya se están mezclando antiguos inmigrantes como los gallegos con otros nuevos de otras regiones del planeta».

Para a actriz principal, representar a Doña Inés na obra foi unha «buena experiencia». «Doña Inés revela lo que sienten las mujeres a determinada edad», comenta a xove. Unha chica que se mostra entusiasmada por «incluir a Galicia en el Festival de Buenos Aires», xa que a comunidade galega é unha de «las comunidades de personas más numerosas» no país.

O colexio dos actores
O Colexio Santiago Apóstol é unha obra da Xunta de Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires, a través da Fundación Galicia-América, que ten o propósito de desenvolver un proxecto educativo bicultural en todolos niveles de enseñanza.

A creación do primeiro colexio galego no exterior sempre estivo na mente da colectividade galega na emigración. A Fundación Galicia-América concreou este soño para dar cumprimento a un ideario muy concreto: propagar e soster unha educación baseada nos principios biculturais arxentino-galegos.

696 lecturas