A Casa de Galicia en Madrid cataloga a súa colección artística nun libro e a mostra por toda Galicia

A exposición itinerante inaugurada en Santiago de Compostela percorre toda a comunidade autónoma, cunha selección de 40 dos 200 cadros que compoñen o fondo da entidade galega en Madrid.

«A casa habitada» é o título dun libro-catálogo e dunha exposición que conxuntamente a Casa de Galicia en Madrid vén de publicar e inaugurar para dar máis a coñecer o panorama artístico galego dos últimos tempos.

No libro, os expertos universitarios analizan minuciosamente o significado dos autores plásticos no panorama cultural galego. A mostra itinerante inaugurada en Santiago de Compostela percorre toda a comunidade autónoma, cunha selección de 40 dos 200 cadros que compoñen o fondo da Casa de Galicia.

A colección institucional en Madrid reúne preto de duascentas obras, e nesta escolla non está ningunha das do fondo permanente, composto por cadros de Seoane, Lugrís, Colmeiro, Laxeiro, Sotomayor e Menchu Lamas, entre outros grandes artistas galegos dos que a Xunta adquiriu obras, nun primeiro momento para decorar a sede da delegación galega, inaugurada en 1992.

Palomares confesa que o criterio de elección das obras parte dunhas esixencias básicas, pero que a partir de aí entra a variedade de gustos, formas e estilos. «Hai distintas gamas de calidades, de pintores consagrados e de pintores novos que teñen a impaciencia por consagrarse, pero todos teñen talento», di. Tampouco seguiron o ranking das mellores obras para ser expostas: «O que queríamos era que representara toda a paisaxe da Casa de Galicia, que foran obras representativas das distintas correntes e artistas».

Un nutrido conxunto, segundo Palomares, que permite obter unha visión ampla da arte galega do último século.

1181 lecturas