As artífices do ciclo

  • Este programa arrancou por segundo ano consecutivo co II Ciclo «De Historias de Mujeres y Mujeres en la Historia», todo grazas ao traballo das profesionais arxentinas, peruanas e galegas, entre outras.

O Programa Todas (Dirección General de la Mujer GCBA), xunto co Coordinamento Donne Italo Argentinas e a Revista Virtual de Xénero Foeminas, presentaron o relatorio globado no II Ciclo «De Historias de Mulleres e Mulleres na Historia», que levaba por título: Luchas, logros y desafíos. Nela, os diversos teóricos abordaron principalmente a temática: «Trabajo, migraciones, subjetividades en clave de género».

No cartel das profesionais que levaron a cabo os distintos relatorios destacan nomes como Emiliana Mamani (Presidenta de Q' Amasan Warmi, Fuerza de Mujer en lengua aymara e Centro de Madres 27 de Mayo: Mujeres Emigrantes Bolivianas), Laura Albaine (Licenciada en Ciencias Políticas. Doutora en Ciencias Sociais. Docente Auxiliar na carreira de Ciencias Políticas. UBA), Olinda Pérez (Presidenta de Mujeres Peruanas Unidas Emigrantes e Refuxiadas, MPUMR), Lourdes Vargas (Vicepresidente MPUMR) Orfa Pérez (Secretaria MPUMR), Micaela Fernández Darriba (Directora de Foeminas, Revista Virtual de Xénero do Concello de Lugo) e Gladys Flores (Programa Todas, Dirección General de la Mujer) como moderadora.

Ademais, no evento levouse a cabo a presentación do libro Volver a Galicia de María González Rouco (Licenciada en Letras, escritora, xornalista e creadora do blog «Colectividades»).

545 lecturas