Novas
Buscador
- Feijóo viaxará a Cuba no segundo semestre deste ano coa prioridade de reforzar o apoio aos 38.000 galegos e galegas afincados nese país e afondar en vínculos económicos 21.05.2013 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten previsto realizar unha viaxe a Cuba no segundo semestre deste ano 2013, nunha visita que terá como prioridade reforzar o apoio aos galegos e galegas que residen nese país, así como afondar nos vínculos económicos entre Galicia e a illa cubana. O obxectivo principal de Feijóo será visitar... Máis información
- O Centro Gallego de Rosario homenaxeou a Rosalía de Castro 21.05.2013 audio O acto, organizado co gallo do 150º aniversario da publicación de "Cantares Galegos", contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. Tamén se descubriu unha placa alusiva á reinauguración da biblioteca desta histórica entidade galega no país... Máis información
- Un total de 160 descendentes de emigrantes convivirán con 80 mozos e mozas galegos nos campamentos de verán de Xuventude 20.05.2013 audio Esta iniciativa permitirá que as e os descendentes de galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles aportarán as actividades que protagonizarán nos campamentos. Xa está aberto o prazo para poder participar en calquera destas iniciativas, as e os interesados poderán realizar a inscrición... Máis información
- Emigración asina en Montevideo un convenio de colaboración co maior hospital mutualista de América Latina 18.05.2013 audio O secretario xeral da Emigración asistiu, ademais, ao concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez na capital uruguaia, en beneficio doutra entidade senlleira, o Hogar Español de Ancianos. O éxito deste concerto, similar ao celebrado hai uns días en Bos Aires a favor das e dos afectados polas inundacións de La Plata, demostran os bos froitos... Máis información
- INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, NO ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 17.05.2013 audio Saúdo cordialmente ao novo Presidente da Real Academia Galega, que recentemente ten tomado posesión do seu cargo; Tamén ás autoridades presentes. Saúdo de xeito especial á viúva e a toda familia de Roberto Vidal Bolaño; Miñas donas e meus señores. Os galegos sabemos que Babel non foi unha maldición. Por experiencia podemos afirmar que a... Máis información
- A Diáspora en Uruguai celebra o Día das Letras Galegas cun concerto solidario de Lorena Lores e Lucía Pérez 16.05.2013 audio A iniciativa, a beneficio do Hogar Español de Ancianos de Montevideo, súmase a moitas outras coas que a Galicia do Exterior conmemora a data. O concerto contará coa asistencia do secretario xeral da Emigración, que comeza unha nova viaxe por Uruguai e Arxentina. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, empeza mañá venres, Día... Máis información
- O 50% de inmigrantes de segunda xeración séntese español ou española 15.05.2013 audio O maior estudo realizado neste país confirma un avance constante cara á integración. As e os expertos atribúeno a que non se formaron grandes guetos. O 50% dos fillos e fillas daqueles e daquelas inmigrantes que chegaron a España na década dos noventa, hoxe adolescentes, séntense españois ou españolas. A porcentaxe é aínda maior entre as e os que... Máis información
- Hijos del Partido de Lalín celebrou o seu 103 aniversario 14.05.2013 audio A xornada contou con centos de asociados e asociadas que se achegaron ata o Centro Gallego na Habana. A Sociedad Hijos del Partido de Lalín celebrou recentemente o seu 103 aniversario cunha xornada socio cultural que tivo como escenario o salón do antigo palacio do Centro Gallego na Habana e en presenza de centos de asociados e asociadas. A... Máis información
- A caravana da película galega ‘Vilamor’ chegou a Cataluña 13.05.2013 audio O secretario xeral da Emigración asistiu en Hospitalet ao primeiro acto de presentación do filme. A película de Ignacio Vidal Vilamor aterrou na Casa Galega de Hospitalet (Barcelona) acompañada dos actores e a actriz protagonistas, Rubén Riós, Xoél Yáñez y Sabela Arán, e o seu director Ignacio Vidal, onde foi presentada o pasado venres, 10 de... Máis información
- Cuxhaven celebrou con éxito a súa 36ª Festa da Primavera 13.05.2013 audio Numeroso público, autoridades locais e de Vilanova de Arousa -irmandada con esta cidade xermana da Baixa Saxonia- e representantes doutros centros da nosa diáspora en Alemaña asistiron a esta xa tradicional cita da colectividade galega residente nas beiras do Mar do Norte. O sol acompañou no primeiro sábado do mes de maio ás e os habitantes da... Máis información
Páxinas |









