Novas
Buscador
- Un galego é autor da patente máis rendible da ciencia española 14.01.2015 audio O coruñés Luis Blanco acaba de ser recoñecido co premio Severo Ochoa. Unha minúscula proteína asociada a un virus erixiuse na auténtica mina de ouro da ciencia española. A polimerasa Phi29, que permite multiplicar por miles ou millóns de veces unha pequena mostra de ADN, un proceso esencial para os laboratorios de xenética, investigadores e... Máis información
- Curso de alemán gratuíto para menores de 35 anos residentes en Suíza 13.01.2015 audio A Asociación Gallega de Formadores (Agafor) organiza a distancia o curso de alemán "Hallo Suíza", subvencionado pola Dirección Xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España. O curso é totalmente gratuíto e está dirixido a mozas e mozos españois menores de 35 anos, residentes en Suíza dende antes do 8 de... Máis información
- Reportaxe sobre 'Reencontros na Terra' en DGPM 12.01.2015 audio O espazo de TV 'Desde Galicia para el mundo' emitiu unha reportaxe sobre o programa "Reencontros na Terra" da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Máis información
- Emigración convocará de forma inminente axudas para comunidades galegas por importe total de preto de millón e medio de euros 09.01.2015 audio Serán axudas e subvencións para apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos das comunidades galegas no Exterior, e axudas ao funcionamento e actividades das mesmas. Recóllese unha mellora na puntuación do baremo para as entidades que sexan resultado do proceso de unión ou fusión de varias comunidades galegas. A Secretaría Xeral da... Máis información
- O orzamento de 2015 da Secretaría Xeral da Emigración permitirá que medio millón de galegas e galegos do exterior se beneficien do incremento en programas sociais 03.01.2015 audio Blíndanse as axudas económicas individuais, e extraordinarias de emerxencia social, para as persoas residentes no Exterior, así como a colaboración a través de entidades que prestan axuda socioasistencial dirixida ás e aos máis desfavorecidos. Emigración dispón de máis de dous millóns de euros para colaboración directa coas Comunidades Galegas.... Máis información
- Emigración inviste máis de 600.000 euros en accións dirixidas á xuventude da diáspora 01.01.2015 audio Só a través dos obradoiros de formación, preto de 50.000 mozas e mozos galegos no Exterior beneficiáronse nos últimos anos desta liña de actuación. A demanda e criterios das propias Comunidades Galegas no Exterior axudan a deseñar os programas de Emigración para o sector máis novo de poboación. A colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e a... Máis información
- Entrevista na Radio Galega ao secretario xeral da Emigración 29.12.2014 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou que a emigración galega en Cuba está "esperanzada" tras coñecerse o restablecemento das relacións entre os Estados Unidos e a illa. Nunha entrevista concedida á Radio Galega, o responsable de Emigración do Goberno galego destacou as "oportunidades" de negocio que se abren no... Máis información
- Felicitación de Nadal do secretario xeral da Emigración 23.12.2014 audio Vídeo coa mensaxe de felicitación do Nadal 2014 e Aninovo 2015 de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Máis información
- O Centro Gallego de Tenerife ofreceu a súa merenda-cea do Nadal para as persoas sen recursos 23.12.2014 audio A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico dende 1999. O pasado sábado 20 o Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife organizou a xa tradicional merenda-cea do Nadal para as persoas que están a pasar dificultades económicas, á que cada ano soen acudir -en varias quendas ao longo da xornada- preto de 200 persoas... Máis información
- Falece Francisco Porrúa, o galego que publicou «Cien años de soledad» 20.12.2014 audio Nacido en Corcubión, chegou á Patagonia con apenas un ano e desenvolveu a súa carreira en Bos Aires, onde fundou o selo Minotauro e editou «Rayuela». O crítico chileno Luis Harss, que traballaba nun libro sobre o boom latinoamericano (que estableceu o canon), púxoo sobre a pista. E tras ler La hojarasca, Los funerales de la Mamá Grande e El... Máis información
Páxinas |







