Novas
Buscador
- Rueda pon en valor o esforzo e o traballo colectivo do emprendemento galego para facer de Galicia unha potencia turística 01.03.2023 audio Salienta o labor levado a cabo nas comarcas de Terra de Celanova e A Baixa Limia para preservar e recuperar o seu patrimonio. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor o esforzo e o traballo colectivo do emprendemento galego para facer de Galicia unha potencia turística. Asegurouno no acto de inauguración do Acouga Hotel Boutique... Máis información
- Galería de imaxes dos actos de presentación da Estratexia Galicia Retorna e da entrega de compostelas en Montevideo (Uruguai) 01.03.2023 audio A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, fixo entrega no Centro Gallego de Montevideo das compostelas e diplomas aos participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do pasado ano. Ademais, a continuación, nese mesmo espazo tamén tivo lugar a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 da Xunta de... Máis información
- A Xunta ofrece aos galegos e galegas de Alemaña a posibilidade de retornar a Galicia a través de programas específicos para estudar ou traballar 28.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración exporá esta fin de semana en Bonn e Frankfurt a Estratexia Galicia Retorna 2023-26, integrada por un cento de iniciativas que abordan todos os eidos que garanten a plena integración das persoas que regresan. Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines detallarán o... Máis información
- Miranda informa ás entidades galegas do exterior sobre as axudas para funcionamento e actividades culturais do 2023, ás que a Xunta destina 1,35M€ 27.02.2023 audio Tal e como explicou o secretario xeral por videoconferencia aos centros, esta liña tamén permitirá financiar accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude. Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas... Máis información
- Emigración recorda que continúan abertas as bolsas para que os galegos e galegas do exterior poidan estudar un máster nunha universidade galega e aposten por Galicia como o seu futuro 27.02.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración acaba de abrir a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as galegas e galegos universitarios residentes no exterior ou as e os descendentes de galegos e galegas poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. Estefanía Rama, natural da... Máis información
- A Xunta expón en Zürich os detalles do programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrece 400 postos de traballo en Galicia para emigrantes e as e os seus descendentes 25.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade As Xeitosiñas, as liñas básicas desta medida, promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e incluída na Estratexia Galicia Retorna 2023-26. Antonio Rodríguez Miranda estivo acompañado por representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, encargadas de... Máis información
- Miranda salienta en Xenebra que o programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior” 24.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade A Nosa Galiza de Xenebra, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Antonio Rodríguez Miranda e as fundacións Nortempo e Venancio Salcines... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” de febreiro afonda no labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos 24.02.2023 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en... Máis información
- As circunstancias coas que se enfrontaron no retorno centran o encontro entre Emigración e os bolseiros e bolseiras BEME da UDC 23.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantiveron un encontro con estas e estes alumnos que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna. Nesta universidade están a estudar, grazas a esta bolsa de excelencia académica, 61... Máis información
- A Xunta celebrará en Galicia a finais de setembro o Consello de Comunidades Galegas 22.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no que se estableceron os relatorios que serán obxecto de traballo neste encontro e que estarán centrados nos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno. A reunión permitiu coñecer o informe da actividade... Máis información
Páxinas |









