Novas
Buscador
- Miranda aplaude a recuperación do Centro Gallego de Santa Fe, que está a converterse nun referente cultural da cidade arxentina 25.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración recibiu información actualizada da evolución da entidade da man do seu presidente, Manuel López Fernández. A agrupación está a executar, ademais, melloras nas súas instalacións. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co actual presidente do Centro Gallego de Santa Fe,... Máis información
- Faro de Vigo realizou unha reportaxe sobre a arte galega na diáspora 24.01.2018 audio Faro de Vigo publicou esta fin de semana no seu suplemento dominical Estela unha ampla reportaxe sobre a arte galega na emigración. Non perdas esta lección que ademais sae, precisamente, da última que deu o mestre, segundo Castelao. Sabes a que nos referimos? Suplemento Estela de Faro de Vigo: picar aquí para descargar Máis información
- En Venezuela tamén saben bailar a muiñeira 22.01.2018 audio A Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas vén de gravar esta pasada fin de semana un flashmob coa súa participación no movemento 'Global Muiñeira'. O vídeo foi gravado nas instalacións da entidade galega na capital venezolana, e este é o resultado: Máis información
- Miranda traslada aos galegos e galegas da Estrada e a súa comarca en Caracas a importancia da colaboración na difusión dos programas sociais da Xunta de Galicia 20.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración lembra que a colaboración é imprescindible para trasladar os casos de máis necesidade á Hermandad Gallega para que os canalice cara á Administración. O responsable galego mantivo unha xuntanza cos responsables do Centro Benéfico Social Hijos de A Estrada de Caracas. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- Milleiros de quilómetros para conseguir un mestrado nunha universidade galega 19.01.2018 audio Sabes desde onde regresou Pablo Fernández Veiga para facer un mestrado en Aproveitamento e Eficiencia Enerxética na Universidade da Coruña? E Ana Hauradou e Diana Benítez? España Exterior dedícalles unha reportaxe a dobre páxina a tres dos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior. Aquí che deixamos o enlace para que... Máis información
- O cadro de Castelao 'A derradeira leición do mestre' viaxará por primeira vez a Galicia 18.01.2018 audio O óleo, que nunca saíu da Arxentina, exhibirase nunha exposición sobre Castelao prevista para o último trimestre deste ano na Cidade da Cultura. O Centro Galicia de Bos Aires acepta a súa cesión temporal tras unha longa negociación iniciada polo conselleiro Román Rodríguez na súa última viaxe a Arxentina. A Consellería de Cultura, Educación e... Máis información
- Miranda interésase pola situación da colectividade galega residente en Barquisimeto, a cuarta cidade máis poboada de Venezuela 16.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse coa cónsul honoraria na rexión, Daría González. O responsable autonómico insistiu na necesidade de colaboración para detectar os casos de necesidade máis urxentes. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, interesouse pola situación da colectividade de galegas e galegos residentes en... Máis información
- Miranda amosa o seu apoio á nova etapa que vén de iniciar a Asociación Galega en Suíza Rosalía de Castro de Berna 13.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse coa presidenta da entidade para coñecer o proxecto de futuro da agrupación. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, amosou o seu compromiso coa asociación galega en Suíza Rosalía de Castro de Berna na nova andadura que a agrupación vén de iniciar. O responsable autonómico mantivo un... Máis información
- Miranda renova os contactos coas institucións de galegas e galegos en Cataluña cun encontro co Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona 11.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión con dous representantes da entidade para analizar as previsións de cara a 2018. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de renovar o contacto coas institucións de galegas e galegos residentes en Cataluña cunha reunión co Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e... Máis información
- Miranda salienta o labor fundamental que levan a cabo as entidades do exterior na detección de galegas e galegos en situación de necesidade en Venezuela 10.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración agradeceu ao vicecónsul de España en Valencia o traballo que fai en coordinación coa Hermandad Gallega. O responsable autonómico interesouse polo estado da colectividade galega en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu en persoa o labor fundamental que o vicecónsul... Máis información
Páxinas |









