Novas
Buscador
- O DOG publica a convocatoria para axudas individuais, das que se benefician oito mil familias galegas residentes no exterior en situación de precariedade, que neste ano chega a 2’1 millóns de euros 14.12.2015 audio Volve adiantarse esta convocatoria respecto a edicións anteriores, co gallo de que esta axuda, fundamental en moitos casos para o mantemento das condicións de vida dos galegos e as galegas da diáspora, se tramite coa maior celeridade posible. Aumenta o orzamento para esta acción social, ata a devandita cifra, o que supón en torno á terceira parte... Máis información
- Miranda participa no “IV Nadal galego” organizado polas entidades galegas en Madrid, e visita as colectividades de Fuenlabrada e Alcorcón 11.12.2015 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comparte esta noite o xa tradicional encontro de Nadal das e dos membros das distintas entidades e comunidades galegas con presenza en Madrid, e organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón. No evento participan cada ano asociacións sectoriais galegas... Máis información
- Emigración aumenta ata 1’6 millóns de euros a partida para funcionamento, actividades, apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos das comunidades galegas no exterior, e adianta a súa convocatoria 10.12.2015 audio O investimento global na liña de axuda destinada a funcionamento e actividades sobe un 11’11% respecto do pasado exercicio 2015. O Diario Oficial de Galicia publicará nos últimos días deste mes as dúas ordes reguladoras, de maneira que a tramitación administrativa poida acelerarse todo o posible. Para Rodríguez Miranda, con estas partidas axúdase... Máis información
- Aumentan ata 204 as prazas do programa “Reencontros na Casa”, da Secretaría Xeral da Emigración, na súa edición de 2016 06.12.2015 audio A iniciativa forma parte da aposta do Goberno galego por incrementar o investimento en políticas sociais que benefician directamente á cidadanía. A convocatoria no DOG adiántase respecto ao pasado ano e podería estar publicada en torno a mediados deste mes de decembro, e o prazo de solicitude rematará no mes de febreiro, de maneira que os... Máis información
- Miranda comparte unha das celebracións importantes das e dos galegos de Xenebra e visita á colectividade en Lausanne 05.12.2015 audio O secretario xeral da Emigración entrevístase asemade co embaixador español na Confederación Helvética, Bernardo de Sicart, para interesarse pola actualidade da colectividade galega. O alto cargo da Xunta insta aos galegos e as galegas de segunda xeración residentes en Suíza a “imitar o exemplo dos vosos pais e fortalecer este país sen deixar de... Máis información
- A Fundación Carolina ofrece 607 bolsas na súa convocatoria 2016-2017 03.12.2015 audio A convocatoria cobre a totalidade das áreas do coñecemento e está dirixida en exclusiva ás e aos estudantes de Iberoamérica para que completen a súa formación en España. A Fundación Carolina abriu unha nova edición da súa convocatoria de bolsas, correspondente ao curso académico 2016-2017. Nesta 16ª edición ofértanse 607 bolsas distribuídas en... Máis información
- O Lar Gallego de Sevilla distingue a Antonio Rodríguez Miranda e a Antonio Patiño coa ‘Anduriña de Ouro’, máximo recoñecemento da comunidade galega na capital andaluza 28.11.2015 audio O secretario xeral da Emigración definiu na súa alocución o Lar como unha entidade “viva, forte, e con ambición de futuro”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presidente da Federación de Centros Galegos de Andalucía, Antonio Patiño, recibiron hoxe en Sevilla cadansúa ‘Anduriña de Ouro’, no decurso dos actos... Máis información
- Emigración adianta a convocatoria de 2016 para Axudas individuais, das que se benefician oito mil familias galegas residentes no exterior en situación precariedade, que neste ano chega a 2,1 millóns de euros 28.11.2015 audio Aumenta o orzamento para esta acción social, ata a devandita cifra, o que supón en torno á terceira parte do orzamento efectivo de Emigración de 2016. Coa publicación da convocatoria, prevista a mediados deste vindeiro mes de decembro, das axudas económicas individuais para persoas galegas no estranxeiro, esta Secretaría Xeral cumpre co seu... Máis información
- Emigración traslada o seu pesar polo pasamento de Xosé Neira Vilas, un dos seus autores máis destacados e membro egrexio da diáspora galega 27.11.2015 audio Co pasamento esta mañá de Xosé Neira Vilas na súa localidade natal de Gres (Vila de Cruces – Pontevedra, 1928-2015) Galicia perde a un dos Bos e Xenerosos, e a nosa diáspora a un dos seus máximos representantes e valedores. O autor de Memorias dun neno labrego -o libro máis lido da historia da literatura galega- tivo unha vida estreitamente... Máis información
- Rodríguez Miranda diserta en Lleida sobre a actualidade e perspectivas de futuro de Galicia como terra de oportunidades 21.11.2015 audio O Centro Galego da localidade catalá nomea Presidente de Honra ao responsable da Secretaría Xeral da Emigración. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pronunciou no Centro Galego de Lleida unha conferencia sobre Galicia, chea de atractivos: unha comunidade con moito que ver e ofrecer, na que o alto cargo da Xunta repasou... Máis información
Páxinas |







