Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
14Febreiro2026Miranda: “As cámaras de comercio son aliados estratéxicos para conectar Galicia co mercado estadounidense” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos responsables da Cámara de Comercio de España - Estados Unidos en Miami, co obxectivo de analizar vías de colaboración para reforzar os lazos económicos entre Galicia e os Estados Unidos e explorar oportunidades ligadas ao talento galego no exterior, o emprendemento e o retorno profesional. Durante o encontro, no que participou a presidenta da... Máis información
-
13Febreiro2026Miranda: “A directiva da Casa de Santa Marta de Ortigueira de Miami garante a continuidade da galeguidade en Miami” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa a súa viaxe aos Estados Unidos e vén de manter un encontro cun grupo de socios da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, unha entidade centrada na cultura, no ocio e na beneficencia fundada en 1972 por galegos procedentes de Cuba. Recoñecida como centro colaborador da galeguidade, a sociedade conta con arredor de 400 persoas socias, máis da metade delas galegas. Durante... Máis información
-
12Febreiro2026A Xunta aposta pola cooperación co consulado de España en Nova York para apoiar a comunidade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo coa cónsul xeral de España en Nova York, Marta de Blas Mayordomo, co obxectivo de reforzar a colaboración entre as administracións española e galega no ámbito da atención á cidadanía española no exterior. Durante o encontro analizouse a situación actual da colectividade española nos Estados Unidos, con especial atención á comunidade galega residente na... Máis información
-
12Febreiro2026A Xunta aposta pola cooperación co Consulado de España en Nova York para apoiar á comunidade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo coa cónsul xeral de España en Nova York, Marta de Blas Mayordomo, co obxectivo de reforzar a colaboración entre as administracións española e galega no ámbito da atención á cidadanía española no exterior. Durante o encontro analizouse a situación actual da colectividade española nos Estados Unidos, con especial atención á comunidade galega residente na... Máis información
-
12Febreiro2026Miranda: “O futuro da galeguidade nos Estados Unidos constrúese desde a colaboración entre entidades” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos responsables das entidades galegas de Nova York e Newark, co obxectivo de afondar na situación actual da colectividade e coordinar liñas de colaboración de cara ao futuro. O encontro serviu para reforzar os vínculos entre a Xunta de Galicia e os galegos asentados nesta área estratéxica dos Estados Unidos, nun clima de diálogo, proximidade e... Máis información
-
10Febreiro2026Emigración reafirma o seu apoio ao Centro Galego da República Dominicana para impulsar as actividades previstas nos vindeiros meses e manter viva a galeguidade no país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un novo encontro de traballo co presidente do Centro Galego O Noso Lar da República Dominicana, Antonio Sánchez, no que se fixo balance da evolución da entidade e se abordaron os próximos proxectos previstos para este ano, entre eles a renovación da Praza de Galicia en Santo Domingo. Durante a reunión, tamén se puxo en valor o papel activo do centro como espazo dinamizador da... Máis información
Páxinas |





