A Xunta pon en valor os obradoiros de emprego dual que forman parte da Estratexia Galicia Retorna

Recordar que as e os emigrantes retornados son prioritarios nos programas de formación da Consellería de Emprego e Igualdade, tanto nos cursos de formación para persoas desempregadas como nos programas de obradoiros e unidades formativas.

En 2019, a Xunta promoveu 57 obradoiros duais de emprego por toda a comunidade autónoma, favorecendo a empregabilidade.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante a visita ao obradoiro dual de emprego de Pintura Industrial en Construción impartido en A Laracha
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante a visita ao obradoiro dual de emprego de Pintura Industrial en Construción impartido en A Laracha
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2020.

A Secretaría Xeral da Emigración quere destacar que a Xunta de Galicia está a por en valor os obradoiros de emprego dual que forman parte da Estratexia Galicia Retorna.

Deste xeito, cabe incidir no feito de que as e os emigrantes retornados son prioritarios nos programas de formación da Consellería de Emprego e Igualdade, tanto nos cursos de formación para  desempregados e desempregadas como nos programas de obradoiros e unidades formativas. Deste xeito, a Xunta facilita a participación das persoas emigrantes retornadas nestes programas de inclusión social co obxectivo de conseguir a plena integración destas familias no menor tempo posible e facilitar a súa aproximación á realidade de Galicia a aquelas persoas que levan moito tempo lonxe da nosa terra.

En 2019 a Xunta promoveu 57 obradoiros duais de emprego por toda a comunidade, favorecendo a empregabilidade de persoas e acometendo intervencións de recuperación de patrimonio histórico, oficios artesanais, enerxías renovables, conservación de rutas do Camiño de Santiago e vixilancia e limpeza de montes para contribuír á prevención de incendios.

O obxectivo de todos eles é incentivar actividades que permitan ás e aos participantes a inserción a través da profesionalización e da adquisición de experiencia.

642 lecturas