Santiago Camba reúnese cos representantes do Lar Gallego de Chile
Santiago Camba reúnese cos representantes do Lar Gallego nas dependencias do Estadio Español.
Nas dependencias do Estadio Español da capital chilena, o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, foi recibido por directores da colectividade galega en Santiago de Chile que preside Myriam López.
Na cita, Camba fixo entrega dalgúns libros á colectividade, entre eles, volumes dun dicionario e unha edición empastada con imaxes da terra galega. Un momento significativo foi a entrega dunha gaita galega para o conxunto de Gaitas do Lar Gallego. Pola súa banda, o grupo reunido onte á noite entregou ao secretario xeral para a Emigración unha botella de viño de selección, produto tradicional das terras chilenas.
A cita antecede ás actividades que Santiago Camba inicia nas cidades de Punta Arenas e Castro, en Chiloé, vinculadas ao estreitamento de lazos cos gobernos das devanditas cidades, as colectividades hispanas e o fortalecemento de redes de empresas chilenas que contan con capitais galegos.
Fuente: Crónicas da Emigración
Novas relacionadas