Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
24Novembro2026A Xunta acompaña á colectividade galega en Chile nunha celebración tradicional do Lar Galego de Chile audio O delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, participou nunha tradicional celebración organizada polo Lar Gallego de Santiago, que tivo lugar no Estadio Español de Las Condes. A xornada de confraternidade reuniu a arredor de 300 asistentes, e nela López Dobarro reafirmou o respaldo do Goberno galego ao dinamismo social e cultural da colectividade galega en Chile. Máis información
-
22Novembro2026A Xunta acompaña á Asociación A Roda na celebración do seu 35 aniversario audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou á Asociación A Roda de Laussanne, en Suíza, no acto de celebración do seu 35 aniversario. No transcurso do encontro, fíxoselle entrega á entidade dunha placa conmemorativa, trasladando así o respaldo e o recoñecemento da Xunta de Galicia á súa traxectoria. Coa súa presenza nesta cita, o representante do Executivo autonómico puxo en valor o labor desenvolvido pola agrupación... Máis información
-
21Novembro2026A Xunta traballa para que os mozos no exterior manteñan o vínculo coa súa terra de orixe audio O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión no Estadio Español de Las Condes, en Santiago de Chile, co presidente do Lar Gallego, Ricardo González; a secretaria, Carolina Méndez; e a coordinadora do Viaje Cultural Juvenil España 2027, Alba de Armendaiz. No encontro, avanzouse nas liñas de traballo para a viaxe que se vai realizar en febreiro de 2027, para que os mozos e mozas que residen no exterior poidan... Máis información
-
21Novembro2026Miranda participa na clausura do obradoiro de baile da Irmandade Galega na Suíza audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á clausura do obradoiro de baile organizado pola Irmandade Galega na Suíza este ano. Coa súa presenza neste acto de clausura, o representante do Executivo autonómico trasladou o respaldo da Xunta de Galicia á actividade cultural que desenvolve esta entidade no país helvético. No evento, o secretario xeral da Emigración estivo acompañado por Juan Blanco, responsable do centro... Máis información
-
19Novembro2026O XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas aposta pola dixitalización e a intelixencia artificial para garantir o futuro da lingua e a cultura no exterior audio O relatorio de Cultura e Lingua destaca o papel clave do ‘Proxecto Nós’ e a formación en liña, situando á mocidade e aos centros galegos como motores da preservación da nosa identidade. As conclusións extraídas de maneira conxunta entre a Xunta e as entidades no relatorio de Cultura e Lingua do XIV Pleno de Consello de Comunidades Galegas, en Río de Xaneiro, subliñan que o esforzo de milleiros de galegos no exterior foi fundamental para... Máis información
-
18Novembro2026O XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas impulsa unha reforma da Lei da Galeguidade adaptada á realidade dos galegos no exterior audio O relatorio de Galeguidade avoga por modernizar o marco normativo, integrar o talento exterior nas estratexias de internacionalización e asegurar a substitución xeracional nas entidades. O XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas concluíu os seus traballos en Río de Xaneiro poñendo de manifesto que a galeguidade é unha realidade que vai moito máis alá das fronteiras xeográficas. As conclusións do relatorio específico sobre esta materia... Máis información
-
17Novembro2026O XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas reafirma o compromiso cunha rede de protección social sen fronteiras para os galegos do exterior audio O relatorio Social subliña a necesidade de adaptar a atención ás novas vulnerabilidades, combinando as axudas directas e programas de reencontro cunha resposta áxil ante emerxencias. A protección e o benestar da cidadanía galega no exterior é unha responsabilidade institucional compartida que require o esforzo conxunto das administracións, as entidades e as organizacións locais. Esta é a principal premisa que se desprende do relatorio Social... Máis información
-
15Novembro2026Miranda traslada a importancia de seguir fortalecendo a galeguidade no mundo e de garantir o acompañamento aos galegos no exterior en todas as súas etapas audio Subliña o papel do retorno e da atención social como eixes clave do compromiso institucional coas comunidades galegas do exterior Avanza o impulso a novas iniciativas lexislativas e a adaptación da lingua e a cultura á era dixital para conectar coas novas xeracións Agradece ás trece entidades que formaron a Comisión Delegada neste período o seu traballo e compromiso O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tomou a palabra na... Máis información
-
13Novembro2026O XIV Consello de Comunidades Galegas renova a súa Comisión Delegada coa entrada de doce novas entidades audio O XIV Consello de Comunidades Galegas renovou no día de onte, coa votación das entidades galegas do exterior membros do plenario por cada área xeográfica. A Comisión estará formada por doce entidades e un membro nato. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia da aportación de todos os centros galegos nesta nova etapa, que permitirá traballar man a man coa administración galega a prol dos galegos do... Máis información
-
12Novembro2026A Xunta destaca o papel da nova Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para enriquecer a próxima folla de ruta da Estratexia Galicia Retorna audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou en Río de Xaneiro o XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas. González sinala que o labor deste órgano tamén será clave para sentar as bases da nova Lei de Galeguidade, asegurar apoio autonómico a todas aquelas persoas galegas do exterior que o necesiten e seguir potenciando a cultura e a lingua galegas. Agradece o traballo realizado pola Comisión Delegada saínte desde... Máis información
Páxinas |









