Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Maio2025A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración do Día das Letras Galegas en Burgos que este ano destacou o papel fundamental das cantareiras na cultura galega. O secretario xeral da Emigración participou hoxe no acto institucional organizado polo Centro Galego de Burgos para celebrar o Día das Letras Galegas 2025. Este ano a celebración centrouse na figura das cantareiras, destacando o seu importante... Máis información
-
06Maio2025Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do Ciclo de Cine Mestre Mateo audio Oito entidades galegas de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar dende xuño a novembro os filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo. O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto a directora de cine e membro da Academia Galega do Audiovisual, Anxos Fazáns, o programa do ciclo de cine Mestre Mateo que... Máis información
-
05Maio2025A Delegada da Xunta en Uruguai participa en destacados actos culturais polo Día Internacional do Libro audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, e a comunidade galega deste país participaron nunha serie de eventos culturais con motivo do Día Internacional do Libro para fortalecer os vínculos culturais entre Galicia e Uruguai. Na Casa de Galicia de Montevideo, o escritor compostelán Manuel Losa compartiu a súa experiencia como libreiro e autor comprometido coa memoria da emigración galega. O Museo Figari foi o escenario da... Máis información
-
02Maio2025A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración asistiu xunto co secretario xeral da Emigración á romaría, Jira Campestre, organizada por esta entidade para difundir a riqueza cultural de Galicia e que promove entre as novas xeracións a súa conservación. Destacou o compromiso do Goberno galego con estas entidades a través de axudas ao seu funcionamento e ao desenvolvemento de actividades para seguir fortalecendo a relación da diáspora coa... Máis información
-
01Maio2025A Xunta pon en valor en México as oportunidades que ofrece Galicia para as persoas emigrantes que desexen retornar e para o investimento audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reuniuse co embaixador de España en México e participou nun encontro coa Unión Mexicana de Empresarios Galegos. Na xuntanza cos representantes diplomáticos de España en México ambas partes analizaron posibles iniciativas conxuntas para fomentar o investimento e a colaboración máis estreita a prol da atención dos galegos en México. José González salientou o labor clave da embaixada de España en... Máis información
Páxinas |




