A Hermandad Gallega de Valencia realizou a súa tradicional doazón de alimentos á Casa Hogar de Ancianos San Vicente de Paúl

No Hogar residen vinte maiores de orixe galega
No Hogar residen vinte maiores de orixe galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2021.

Como vén sendo xa tradicional por estas datas do Nadal, a Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela) realizou unha doazón de alimentos á Casa Hogar San Vicente de Paúl de Naguanagua (Estado Carabobo), na que residen máis de 150 maiores, dos e das que vinte son de orixe galega.

Sissi Iglesias, secretaria de Emigración da Hermandad, e Oswaldo Lucena, secretario xeral, fixeron entrega dos alimentos a sor Susana, directora do Hogar, un dos máis de douscentos fogares que a congregación das Hermanitas de los Ancianos Desamparados ten espallados nun total de 19 países, na súa maioría en América Latina.

Fonte e foto: Hermandad Gallega de Valencia

En imaxes
271 lecturas