Emigración asesora aos que desexen voltar co "Servizo de Información Itinerante"

Durante esta fin de semana desenvolveranse accións de información e orientación individualizadas, dirixidas aos galegos e descendentes residentes en Francia.

Nas xornadas darase información xeral e individual sobre os trámites previos e posteriores ao retorno a Galicia, así coma asesoramento específico acerca da asistencia sanitaria, prestacións por desemprego, pensións de xubilación, educación e vivenda ou axudas específicas ao retorno.

O Servizo de información itinerante intégrase no marco das medidas estratéxicas deseñadas pola Secretaría Xeral para aqueles que desexen voltar, coa finalidade última de que poidan exercer os seus dereitos coa mesma amplitude que os galegos que viven en Galicia.

Listen to this page using ReadSpeaker
16 de outubro de 2009.

O subdirector xeral da Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, impartirá- durante esta fin de semana- charlas formativas de información e asesoramento ao retorno nos centros galegos colaboradores de Toulouse e Marsella- mañá sábado, 17 e o domingo, 18, respectivamente-.

O contido das accións enmárcase no Servizo de información itinerante que resposta ás políticas que ten previsto desenvolver a Secretaría Xeral da Emigración nesta materia, coa finalidade última de todos aqueles que desexen voltar poidan exercer os seus dereitos coa mesma amplitude que os galegos que viven na Comunidade Autónoma.

Nas xornadas darase información xeral e individual sobre os trámites previos e posteriores ao retorno a Galicia-baixa consular, pasaporte, empadroamento, certificado de emigrante retornado, permisos de conducir- así coma, asesoramento específico acerca da asistencia sanitaria, prestacións por desemprego, pensións de xubilación, educación e vivenda ou axudas específicas ao retorno.

Políticas activas
A Secretaría Xeral da Emigración- a través da súa subdirección xeral da Inmigración e Retorno- quere respostar ás características específicas de Galicia e da súa emigración, nunha concepción de política activa de integración que vai máis ala da tradicional de carácter estrictamente asistencial.

Datas de celebración
17 de outubro (sábado)

Hora: 19:00

Lugar de celebración: Instituto Cervantes de Toulouse, coa colaboración da Casa de Galicia de Toulouse

Día: 18 de outubro (domingo)

Hora: 14:30

Lugar de celebración: Centro Galego de Marsella

1737 lecturas